TATTOO CIRCUS CORUNHA 2013

 
O TATTOO CIRCUS é un encontro enfocado á recadación de fondos para o apoio a persoas presas ou proxectos antirrepresivos, mediante a realización de tatuaxes, piercings, escarificacións ou calquera forma de modificación corporal, así como de concertos, xantadores, palestras, exposicións..., que acompañan e dotan dun contido político a esta actividade.

O Tattoo Circus nace en Roma fai uns anos e rapidamente trasládase a bastantes cidades europeas (Barcelona, Londres, Tesalónica, Cádiz...) e espontaneamente trázase unha dinámica común á hora de organizalo. Aínda que cada grupo, en cada lugar é totalmente autónomo, hai unha base común que se pode resumir en varios puntos:

- Cartos: Todo o recadado destinarase íntegramente á loita pro-presxs, tanto en financiamento de proxectos de este tipo (Campaña CÁRCERE=TORTURA), como ao apoio directo.

- Organización: A organización do Tattoo Circus é asamblearia e horizontal. Ninguén recibe ningún tipo de remuneración. Tatuadorxs, anilladorxs, grupos de música e toda persoa que participe o fai de forma solidaria. Únicamente estimarase o pago da viaxe a quen veña de fóra no caso que sexa estritamente necesario por non haber xente do lugar que poda facer este cometido ou por non poderse sufragar a simesmx a viaxe. A todxs se lles dará de comer, consumicións e aloxamento.

- Contido: O Tattoo Circus non xira ao redor da tatuaxe nin dos piercings. A súa base é a loita contra os cárceres e contra a represión. Por iso debe ir acompañado de palestras, difusión anticarcelaria, películas, actuacións, buzón de correo para escribir a presxs ou calquera idea que lle dote de contido. O Tattoo Circus non se centra na estética, trátase dunha actividade en pro da solidariedade revolucionaria.

TATTOO CIRCUS GALIZA

Por primeira vez, o Tattoo Circus vaise celebrar na Galiza, concretamente no Centro Social Okupado e Autoxestionado de Palavea na Corunha. Un espazo de máis de 7000 metros cadrados que leva funcionando de xeito continuo e cunha actividade permanente dende máis de dous anos.

O CSO conta con espazos independentes, perfectamente acondicionados e adaptados, separados uns dos outros para non entorpecer o desenvolvemento de cada actividade, así coma o descanso dxs participantes e colaboradorxs:

- Zona de tatuaxes

- Zona de piercings, escarificacións e modificacións corporáis

- Sala de esterilización            

- Sala de concertos

- Sala de proxeccións

- Zona de espectáculos (antiga capela)

- Lavabos

- Espazo aberto con casetas de circo

- Info Point

- Sala para encontros/palestras/obradoiros

- Comedor

- Cafetería

- Vivenda e zona de descanso de acceso restrinxido, con cociña, salita e habitacións para colaboradorxs.

Os días 17, 18 e 19 de maio o Tattoo-Circus terá lugar no Centro Social Okupado de Palavea: Rúa Río Quintas 31, A Corunha,Buses:22, 20 e 1A (na estrada a Compostela)

-okupacorunha.wordpress.com

-Para calquera dúbida podedes poñervos en contacto con nós.

Vémonos na Corunha:

- www.tattoocircuscorunha.narede.gl

- tattoocircuscorunha@mail.com

- www.facebook.com/tattoocircuscorunha

ABAIXO OS MUROS DAS PRISIÓNS!

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos