-Sufrir nas paredes:
Mália o seu caracter performativo, algunhas esceas plantéxanse dende unha estructura dramática máis convencional, evocando situacións concretas dun réxime carcelario, mentras que noutras, ese mesmo discurso contextualízase a calquer outro espazo máis cotiá. Trátase máis ben do intento de recreación dunha atmósfera co fin de xenerar no público a vivencia, mesmo física, da sensación de encerro. En todo caso, un momento retido para a reflexión, para traer ao presente a evidencia dunha de tantas realidades que achegamos no fluir continuo da nosa apacible cotidianidade.